No posgrado de Orientación Laboral, dedicouse a xornada do 20 de Setembro á Formación Profesional e aos Certificados de Profesionalidade. Contamos ca presencia de Elena González de la Cámara Cayuela, Licenciada en Pedagoxía, cunha Especialidade en Orientación profesional e laboral.
Tormenta de ideas |
Nesta sesión tratáronse os temas e conceptos relacionados ca Formación Profesional, Competencia, Acreditación , Cualificación profesional.
Os cales pasaremos a explicar a continuación:
ESTRUCTURA DA FORMACIÓN PROFESIONAL
A FP ( Formación Profesional) é un conxunto de AAFF (accións formativas) que capacitan para o exercicio dunha profesión é un instrumento que permite mellorar e facilitar a adaptación das cualificaciones profesionales da poboación activa.
Temos dous tipos de Formación Profesional:
- FP regrada ou inicial que depende do Ministerio de Traballo, Migracións e SSSS e das CCAA
- Sistema de Formación para o Emprego que depende do Ministerio de Traballo, Migracións e SSSS e das CCAA.
A FP Regrada desglosase en:
- Básica
- Grao Medio
- Grao Superior
- Educación Deportiva
- Educación Artes plásticas e deseño
Onde o método para levala a cabo é:
- Mediante o réxime ordinario
- Mediante o réxime para persoas adultas.
- Modalidade presencial ou a distancia.
Os requisitos para a FP básica son:
- Ser proposto/a polo equipo docente
- O consentimento do pai ou da nai, titores legais
- Ter os 15 ou 16 anos ó inicio del Curso formativo.
- Ter cursado 3º da ESO e excepcionalmente 2º da ESO.
A normativa que lle corresponde é:
- "Ley 30/2015 de 9 de septiembre", que regula el sistema de FP para el empleo en el ámbito laboral.
- "RD 694/2017 de 3 de julio, que desarrolla la Ley 30/2015 de 9 de septiembre"
- "ORDEN TMS/368/2019 de 28 de marzo que desarrolla el RD 694/2017 de 3 de julio".
A ter en conta que os títulos organizanse por Familias Profesionais a través do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais
Temos o Sistema Nacional das Cualificacións Profesionais que a través do Catálogo Nacional das Cualificacións ordena as cualificacións profesionais.
Estas cualificacións ordenanse en:
- 26 familias
- 5 niveis
Ademais, temos o INCUAL que é o responsable de definir, elaborar e manter o CNCP e o SNCFP
En Galicia temos o Instituto Galego de las Cualificacións (IGC), desenrolado polo RD 93/1999 de 8 de abril
No sistema de formación para o emprego temos os Certificados de profesionalidade que se desenrolan según o RD 34/2008 de 18 de enero.
A estructura dos Certificados de Profesionalidade é:
- Identificación dun CP
- Perfil Profesional do CP
- Formación do CP
CUALIFICACIÓNS E COMPETENCIAS
O segundo apartado do que tratou a sesión foi o referido ás “Cualificacións e competencias”.
Pra introducir esta temática, presentounos no proxector unha nube de palabras que constaba de diferentes siglas asociadas á temática a tratar coa finalidade de que os alumnos as descifraramos.
Formación Profesional |
1. Diferencias entre cualificación profesional e competencia laboral
A continuación, a explicación centrouse nas diferencias entre “cualificación profesional” e “competencia laboral”, dous termos que poden dar lugar a confusións con facilidade, e por iso é importante ter claro o que engloba cada un deles.
A “cualificación profesional” defínese como o conxunto de competencias profesionais con significación no traballo e que poden ser adquiridas por formación ou por experiencia laboral. Polo que a cualificación fai referencia a un estándar oficial no que se recollen o conxunto de competencias requiridas para poder alcanzar certa cualificación profesional. Estas divídense en 26 familias profesionais e en 5 niveis de cualificación.
Non obstante, a “competencia laboral” defínese como o conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e da ocupación. A competencia laboral implica acción, polo que ha de ser observable directamente e avaliable.
2. Unidades de competencia
Seguidamente, se nos explicou tanto a estrutura das cualificacións profesionais como a das unidades de competencia. Estas últimas son o agregado mínimo de competencias profesionais susceptible de recoñecemento e acreditación parcial. Cada unha das unidades conta cuns datos identificativos, unha serie de realizacións profesionais (sobre as que se basean os criterios de realización) e un contexto profesional (medios de produción, información, produtos e resultados).
3. Instrumentos
Na sesión tamén tratamos as funcións e obxectivos de instrumentos como o Marco Europeo das Cualificacións (MEC), o Sistema Nacional das Cualificacións (SNCFP), o Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL) ou o Instituto Galego das Cualificacións (IGC).
A continuación, se fixo fincapé no Catálogo Nacional das Cualificacións (CNCP). O INCUAL é o responsable de definir, elaborar e actualizar o CNCP, o cal é instrumento que busca lograr a elaboración de novos Certificados de Profesionalidade (administración laboral), a elaboración de novos Títulos de F.P. (administración educativa) e o recoñecemento da experiencia profesional adquirida a través da experiencia.
Unha cualificación profesional pode acadarse mediante tres vías diferentes:
- Sistema educativo (Títulos FP)
- Sistema de Formación para o emprego (Certificados de Profesionalidade)
- Recoñecemento de competencia profesional
4. Certificados de Profesionalidade
Elena González rematou esta parte da sesión centrándose nos Certificados de Profesionalidade. Explicounos que os Certificados de Profesionalidade son acreditacións oficiais, expedidas polo SEPE e polos órganos competentes das Comunidades Autónomas, onde se reflicte un perfil profesional e un itinerario formativo.
Modelo de Certificación |
Polo que os Certificados de Profesionalidade teñen a finalidade de acreditar competencias, e de establecer as competenias profesionais propias das ocupacións e o contido da formación asociada ás mesmas. En definitiva, os Certificados teñen dúas visións, unha laboral e outra formativa
Mediante unha representación esquemática exposta no encerado, Elena González explicou que os Certificados de Profesionalidade estruturanse en Unidades de Competencia asociadas a Módulos Formativos, os cales á súa vez divídense en Realizacións Profesionais (capacidades), as cales mídense a través Criterios Profesionais (criterios de avaliación).
Mediante unha representación esquemática exposta no encerado, Elena González explicou que os Certificados de Profesionalidade estruturanse en Unidades de Competencia asociadas a Módulos Formativos, os cales á súa vez divídense en Realizacións Profesionais (capacidades), as cales mídense a través Criterios Profesionais (criterios de avaliación).
.
Ademais é importante ter en conta que durante un período de tempo, coexistirán os certificados antigos cos que novos que están referidos ao CNCP. Isto fai que o sistema teña na actualidade certa complexidade, pois os certificados vellos non contan coa mesma estrutura que os novos.
Un certificado de profesionalidade pode obterse mediante tres vías diferentes:
- Vía formativa: superando tódolos Módulos correspondentes ao Certificado.
- Vía de recoñecemento da experiencia profesional e aprendizaxes non formais: mediante o recoñecemento e a acreditación de tódalas unidades de competencia que compoñen o Certificado.
- Vía mixta (formación + experiencia laboral).
Tendo todo isto en conta, a poñente recalcou que un Certificado Profesional é unha acreditación laboral, non un título.
ACREDITACIÓNS LABORAIS
En relación a acreditación laboral pola vía da experiencia, cabe destacar que no momento que iniciou o seu funcionamento, facilitou que moitas persoas traballadoras en sectores relacionados co coidado persoal ou con determinados oficios, puidesen continuar co seu traballo, xa que sen ditas acreditacións e sen titulación relacionada no posto, non poderían acceder a tales postos, o que lles suporía un desprazamento cara fora do mercado laboral.
Competencias Profesionais |
O proceso a levar a cabo nesta acreditación laboral, simplifica a adquisición desta acreditación para os traballadores e traballadoras, de tal xeito que para levalo a cabo deben pasar por tres fases. Unha primeira que sería o asesoramento, unha segunda fase que consistiría na avaliación das competencias, e unha terceira fase chamada acreditación da competencia profesional como tal. É moi importante explicar, como profesionais da orientación laboral, a todas aquelas persoas que queiran acceder a dita acreditación laboral que, para acceder a esta mesma deben acreditar cada unidade de competencia, unha por unha, ata poder acadar dita acreditación final.
COMPETENCIAS CLAVE
A exposición do relatorio rematou abordando as competencias clave, competencias que dotan ás persoas de ferramentas para actuar nun mercado laboral cada vez máis complicado, mutante e cambiante. Cómo o fan? Pois acadando unha maior simplicidade e flexibilidade nas adaptacións así como na mobilidade laboral.
De igual xeito, permiten un movemento transversal entre certificados e familias, por canto telas obtido permiten un óptimo aproveitamento dos certificados de profesionalidade, e optar a outros de maior nivel (de nivel 2 e 3).
Competencias Clave |
En qué consisten? En contidos xerais básicos en áreas como linguas, matemáticas e ciencia. O contido en linguas coma a galega permiten asimesmo que un colectivo tan importante hoxe como os inmigrantes logren unha óptima integración no noso mercado laboral a traveso das AFD (Accións Formativas para Desempregados) que conforman os certificados de profesionalidade. Tamén unha ferramenta útil naqueles casos que debido a un abandono escolar temprano (no que España é lider na UE) entre outras moitas causas, non se adquiriron esas competencias para optar a unha maior cualificación profesional.
Por iso, son un aspecto clave para conseguir o acceso a unha formación máis cualificada e a unha oferta profesional moito máis ampla.
Se alguén ten moito interese en saber máis sobre o tema, aquí vos deixamos algúns enlaces con maior información:
- Formación profesional
- Cualificación Profesional:
- Experiencia profesional
- Competencias clave
Se queredes ver o resumo da sesión no taboleiro de Wakelet, aquí tendes as mellores aportacións e puntos e ideas clave da sesión:
No hay comentarios:
Publicar un comentario